Imos intentar actualizar un pouquiño o blog. Nesta ocasión un traballo que comezamos a finais do primeiro trimeste e que rematamos a volta das vacacións de Nadal.
Continuando co traballo das cores primarias e introducindo as cores neutras, e tamén pola simplicidade do seu estilo, traballamos a Piet Mondrian. introducindo ou asentando noutros casos, os conceptos de liña, cadrado e rectángulo.
Fixemos un collage con papel de seda, usando as cores de Mondrian, tiñan que rasgar e pegar. Foi un traballo laborioso e de moitas sesións, no que tiveron que ter paciencia e perseverancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario