domingo, 27 de mayo de 2018

Método Científico. Experimento lentellas.

No terceiro trimestre lanzei unha pregunta, que necesitan as plantas para crecer? Dixeron auga, terra, sol.  Entón para comprobalo fixemos un experimento con lentellas .
Puxemos unhas en algodón, outras en terra, unhas con luz e aire, outras sen luz pero con aire (os botes destapados) e outra con luz pero sen aire (bote con tapa) e tocou esperar.
Pasaron os días e xa empezamos a ver cousas, e co paso de máis días puidemos comprobar que na terra medraban máis que no algodón, que as que estiveron sen luz quedaron blancas en lugar de verdes, ao non darlle o sol, non fan a fotosíntese  pero medraron tanto ou máis que as que estaban con luz, posto que pechadas na caixa teñen máis calor, coma nun invernadoiro, e as que estiveron sen aire, non puideron medrar tanto, xa que non tiñan sitio e as follas empezaban a estropearse.
Así traballamos como os científicos, dende unha pregunta, supoñemos a posible resposta (hipótese), fixemos o experimento, observamos e finalmente sacamos unha conclusión: necesitan auga, terra e luz (para medrar adecuadamente) pero tamén aire, e sen terra e luz tamén medran pero non axeitadamente, sen terra non reciben alimento para medrar ben e sen luz non se poñen verdes.













                                                      SEIS DÍAS DESPOIS.








       22 DÍAS DESPOIS.











1 comentario:

  1. Está claro que la mejor forma de aprender es experimentando.
    Buen trabajo Merchi.

    ResponderEliminar