O outro cumple que festexamos en setembro foi o meu. Fixemos pizza, que lles encantou, xa se vai convertir nunha tradición e soplei as velas no biscoito. Dixéronme, con razón, que tiña que dar as voltas ao sol, este ano non ía preparada, pero para o vindeiro, darei as voltas, acabarei un chisco mareada, ja, ja. Pasámolo moi ben e recibín moitos mimiños, así que eu, encantada.
Facendo a pizza e nos obradoiros de cociña en xeral, os cativos practican moitas habilidades: amasar, mixturar, picar, medir, pesar... que lles axudan coa motricidade fina e conceptos matemáticos, ademáis de coñecer, palpar, ulir, probar... diferentes alimentos. Tamén falamos da procedencia dos alimentos : de orixen vexetal, animal... E son actividades cotiás, de vida, cunha finalidade clara, que neste caso é merendar. Ademáis despois toca recoller, limpar, lavar, secar. Polo que son actividades moi completas. Anímovos a que na casa cociñedes con eles de cando en vez.
QUE COCINEROS MÁS MARAVILLOSOS. SOIS UNOS ARTISTAS. FELICIDADES GUAPETONA Y TAMBIÉN FELICIDADES A LOS ARTISTAS POR LA PIZZA.
ResponderEliminarGracias compi. Un besazo!!!
EliminarUhmmm que boa pinta!!! Que boa maneira de festexar o cumple Merchi!!! Xenial
ResponderEliminarMoitas grazas compi. Biquiños!!!
ResponderEliminar