Mostrando entradas con la etiqueta Convivencias 18-19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencias 18-19. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de noviembre de 2018

Convivencia Taborda-Amorín- Carregal Novembro.

Resumo da convivencia que tivemos en Taborda as escolas de Amorín, Taborda e Carregal. Compartimos a xornada xogando, cociñando empanada e mazá e divertíndonos moito no patio, tivemos unha visita especial, Talo, o can do veciño, que está moi afeito a estar con nenos/as!!
Moitas grazas por este día e polo agarimo co que nos recibíchedes, grazas por facer bombóns para todos, estaban boísimos.

jueves, 1 de noviembre de 2018

Convivencia Barro-Taborda- Carregal e cumple de Pedro.

Resumo da xornada de convivencia que tivemos a semana pasada as aulas de Barro-Taborda e a nosa en Carregal.  
Estiveron xogando con diferentes materias na aula, fixemos xogos grupais, Maribel contounos un conto, prepararon pinchos de froita, festexamos o cumple de Pedro e por último fixemos unha saída por Carregal, observando a natureza, colleitas e xogando no parque.
Remataron a xornada degustando rosca a que nos convidou a profe Maribel.
Foi un día moi bonito e especial porque ademáis era o cumple de Pedro, e viu a súa familia a festexalo. 
Estas xornadas son moi enriquecedoras tanto para os nenos e nenas como para as profes xa que aprendemos uns de outros, compartimos experiencias, xogos, ilusións, ímonos coñecendo uns a outros, os nenos/as relacionanse entre eles...