lunes, 1 de diciembre de 2014

CAMBIO DE IMAXE.

Como podedes ver cambiamos a cabeceira do blogue, espero que vos guste, é unha imaxe da artista Amanda Cass; a que acabo de descubrir e que me encanta. 
Amanda Cass defínese a sí mesma coma un espíritu libre creativo vivindo entre o eu de artista autodidacta e fotógrafo amateur, que gravitou despacio ao mundo da arte dixital e que non voltou a mirar atrás, xa que éste é un mundo de posibilidades onde a imaxinación toma o control e desborda coas ideas...
Coa súa arte pretende propagar amor por todo o mundo, con mensaxes inxenuas e simples.

" Se pinto dende o corazón casi todo funciona ; se dende a cabeza case nada".

A imaxe da cabeceira do blogue, leva por título " Na  busca da felicidade"
Aquí vos deixo outras dúas  imaxes que creo que nos poden axudar nese intento: vivir o momento e facelo sinxelo.
 Título da ilustración: vive o momento.
Título da ilustración: faino sinxelo.

2 comentarios: