miércoles, 10 de diciembre de 2014

CANTAMOS!!

Na escola o que máis traballamos sen dúbida é a linguaxe oral, posto que é a ferramenta fundamental de comunicación, con actividades moi variadas, tan sinxelas como conversas, cancións, actividades de conciencia fonolóxica, vocabulario, falamos con distintos estados de ánimo: ledos, tristes, cansos, como falaría unha bruxa, un ogro...
Calquer actividade inclúe a competencia en comunicación lingüística, deixo algúns exemplos. A canción de saúdo ao sol, que facemos case todos os días despois da asamblea, anímadevos e que vola ensinen, que reactiva o corpo ao momento. E a hora do conto, neste caso, dous exemplos de contos rimados, que cantamos. 
Aproveitamos para invitarvos a que veñades ao cole e nos ensinedes cancións, rimas ou nos contedes algún conto, que nos encantan.

2 comentarios:

  1. Muy bien chicos!!!! Artistas!!! Esa canción del sol no la conocía.... La aprenderemos nosotros también!!!

    ResponderEliminar