O luns fomos a visitar a biblioteca do Cra. Compartimos a xornada cos compis de Amorín e Seixo 3. Rebeca explicounos o funcionamento da biblioteca. Hai unha grande variedade de contos en castelán, galego e uns poucos en inglés e portugués e tamén pelis e xogos, así como libros para as familias. Os nenos/as poden levar duas cousas e os adultos unha e cada cinco visitas poden levar unha caixa sorpresa en empréstito. A biblio está aberta o luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00 e Iris, a mascota da biblio, está desexando que a visitemos, así que, xa sabedes.
Aproveitamos tamén para visitar a escultura de Liliya, xa que este curso o noso proxecto é de arte e a plaza de abastos. Darlle as grazas a todos os praceiros e a profe Rebeca por organizar esta xornada para todo o cole.
E que ben o pasamos!! En Amorín quedamos con moitas ganas de volver compartir unha xornada con vos! :D
ResponderEliminarCuántas cosas habéis hecho!! Biblioteca, mercado.... A Matteo le ha encantado el pez sapo...
ResponderEliminar