domingo, 29 de octubre de 2017

Cumple Pedro.

Este martes 24 de outubro Pedro estivo de cumple, 4 aniños. Moitísimas Felicidades!!!!
O luns os seus compañeiros preparáronlle un agasallo, un cadro, Pedro quixo que lle pintasen un dinosaurio, cada neno/a fixo o seu e logo eleximos un para plasmar no cadro. 
Este ano por primeira vez festexamos o cumple ao estilo Montessori. Deixo un anaquiño mostrando cómo ,para que vos fagades unha idea. Temos o sol no centro do sistema solar,  as diferentes estacións e os meses do ano, o neno cumpleañeiro representa a terra, que xira arredor do sol, cada vez que o neno (a terra) xira arredor do sol e chega ao mes no que naceu, pasou un ano. Cando pasa un ano, mostramos fotos de feitos significativos que lle aconteceran ao neno/a nese ano e así cada ano ata chegar ao anos que cumpliu. É un xeito de que os cativos se fagan unha idea máis clara do  paso do tempo, aínda que é bastante complicado para eles.

























1 comentario: