viernes, 13 de octubre de 2017

Saída de outono 2017

Como cada curso aproveitamos o bo tempo para facer unha escapada aos arredores do pobo, así paseamos, comprobamos os cambios estacionais e imos facendo pequenos-grandes descubrimentos. Desta volta recollemos algo de lixo que había polas cunetas, quedou bastante atrás porque había moito, moito. Pasamos polas casas de algúns compañeiros, observamos as cores de outono, recollemos castañas no souto e aproveitamos para ir ver os cabalos, un pouquiño de lonxe pero sempre nos fai ilusión. Ao día seguinte no cole clasificamos e fixemos unha bonita mandala de outono.






1 comentario:

  1. Nos encanta vuesta mandala de otoño. Sois unos artistas.Si,si,si está estupendoooo.

    ResponderEliminar