domingo, 29 de octubre de 2017

Cumple Pedro.

Este martes 24 de outubro Pedro estivo de cumple, 4 aniños. Moitísimas Felicidades!!!!
O luns os seus compañeiros preparáronlle un agasallo, un cadro, Pedro quixo que lle pintasen un dinosaurio, cada neno/a fixo o seu e logo eleximos un para plasmar no cadro. 
Este ano por primeira vez festexamos o cumple ao estilo Montessori. Deixo un anaquiño mostrando cómo ,para que vos fagades unha idea. Temos o sol no centro do sistema solar,  as diferentes estacións e os meses do ano, o neno cumpleañeiro representa a terra, que xira arredor do sol, cada vez que o neno (a terra) xira arredor do sol e chega ao mes no que naceu, pasou un ano. Cando pasa un ano, mostramos fotos de feitos significativos que lle aconteceran ao neno/a nese ano e así cada ano ata chegar ao anos que cumpliu. É un xeito de que os cativos se fagan unha idea máis clara do  paso do tempo, aínda que é bastante complicado para eles.

























miércoles, 25 de octubre de 2017

Pinta Arte. Cores primarias.

Este curso o noso proxecto chámase Pinta Arte no que traballaremos os elementos básicos da linguaxe visual, diferentes técnicas e instrumentos artísticos, produccións artísticas variadas de diferentes artistas (cadros, fotos, esculturas, curtametraxes, músicas...) e sobre todo intentaremos expresar o que sentimos tanto admirando arte  (que quixo dicir o autor, que sentimentos provoca en nós, que cores utilizou, onde estaba...) coma producindo arte. 
Empezamos moi pouquiño a pouco, coñecendo as cores primarias e facendo cousiñas utilizando as mesmas. As letras do noso nome sobre un fondo creado con puntillismo, debuxos libres usando as cores primarias.















miércoles, 18 de octubre de 2017

Froitos de Outono.

A profe Paula trouxo unha cesta de mazás caseiras e eu aproveitei para asaltar a horta da miña nai para traer froitos típicos do outono, as espigas dos meus sogros... así que algo había que facer con todo isto: vocabulario, tacto, degustación, cociña, motricidade fina... e algunha cousiña máis faremos.