miércoles, 29 de abril de 2015

AS FAMILIAS CÓNTANNOS E ENCÁNTANNOS II

2º vídeo de mamis contadoras de contos. Viviana, mami de Mateo, contounos un dos contos favoritos de Mateo, Winnie the Pooth e as suas aventuras, encantounos. E Ivana, mami de Daniela, explicounos moitas cousas sobre as vacas e un conto moi gracioso de Donald. Moitas grazas as dúas.
Nas vindeiras entradas máis. Grazas.




martes, 28 de abril de 2015

CUMPLE DE AMANDA.

O pasado xoves 23 de xuño,ademáis do día do libro, festexamos o cumple de Amanda, viu a súa tía, Vanesa, a contarnos dous contos de cando era pequena, porémolo noutra entrada e Flora, a mamá de Amanda, escapou un momentiño do traballo, para acompañala no seu 5º cumpleanos.
LLe desexamos moitísimas Felicidades.




















jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO. AS FAMILIAS, CÓNTANNOS, CÁNTANNOS E ENCÁNTANNOS.

En Abril, libros mil. Sí, sí, en Carregal os nenos/as este mes están escoitando máis contos ca nunca, ademáis con moito máis gusto do que o fan normalmente, que xa lles encanta, posto que son as súas familias ás que os están vindo a contar.
Deixo nesta entrada a colaboración dos primeiros valentes, a nai de Julia e os avós de Julia e André, que nos deleitaron con  cantigas galegas que eles cantaron na sua mocidade e que non debemos deixar que se perdan, posto que forman parte da nosa cultura, da nosa tradición e da nosa esencia como galegos. Eu vivino como un momento moi emotivo, que poidamos disfrutar dos avós, non ten precio, darlle as grazas a Marta, por convencelos para vir. E a todos/as por colaborar. Grazas.
Nas vindeiras entradas iremos mostrando ás demáis familias.