jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO. AS FAMILIAS, CÓNTANNOS, CÁNTANNOS E ENCÁNTANNOS.

En Abril, libros mil. Sí, sí, en Carregal os nenos/as este mes están escoitando máis contos ca nunca, ademáis con moito máis gusto do que o fan normalmente, que xa lles encanta, posto que son as súas familias ás que os están vindo a contar.
Deixo nesta entrada a colaboración dos primeiros valentes, a nai de Julia e os avós de Julia e André, que nos deleitaron con  cantigas galegas que eles cantaron na sua mocidade e que non debemos deixar que se perdan, posto que forman parte da nosa cultura, da nosa tradición e da nosa esencia como galegos. Eu vivino como un momento moi emotivo, que poidamos disfrutar dos avós, non ten precio, darlle as grazas a Marta, por convencelos para vir. E a todos/as por colaborar. Grazas.
Nas vindeiras entradas iremos mostrando ás demáis familias.

2 comentarios:

  1. Yo también he vivido ese momento emotivo aunque en el vídeo no se aprecia.
    Agradecérselo a mis tíos y a mi padre que a pesar del esfuerzo que hicieron para ir (por la vergüenza, timidez...). Pienso que les ha gustado.
    Un besito para todos y gracias también a ti Merchi.

    ResponderEliminar
  2. Denada. Para min foi un regalo e aos nenos/as penso que lles gustou.

    ResponderEliminar