miércoles, 8 de abril de 2015

LEANDRO LAMAS. CAMBIO CABECEIRA DO BLOGUE. MES DO LIBRO.

Estamos na primaveira e para representala encantoume a ilustración de Leandro Lamas que agora é a cabeceira do noso blogue. Leandro Lamas é un ilustrador galego. Son unhas ilustracións cheas de cor, e dende o meu punto de vista dun gran optimismo e alegría, un canto á vida, ao amor, á maternidade...
Na aula comentaremos algunhas delas, haber que opinan os nen@s.

Aproveito esta entrada para lembrarvos que estades convidados á vir a aula, a contarnos unha historia, un conto, unha cantiga, cancións tradicionais, xogos de mans... o que queirades, co obxectivo de disfrutar da literatura en xeral, de achegarnos un pouquiño máis entre nós e sobre todo de transmitirlle aos cativos o amor e o gusto pola lectura.

No seguinte link do blogue innovarte atoparedes máis información de Leandro Lamas, por se vos apetece mergullarvos un pouquiño máis no seu universo.


Ésta parece feita para Viviana, mami de Mateo. Fermosa.



1 comentario: