viernes, 25 de noviembre de 2016

SAÍDA DE OUTONO.

O mércores 9 de novembro fixemos unha saída aos montes cercanos de Carregal, para disfrutar do outono, das cores, a paisaxe, para pararnos e observar o entorno, con calma... atopamos algúns bechos, xogaron a camuflarse, pisaron e saltaron charcos unha e outra vez, recollemos pequenos tesouros, atopamos bastante lixo; non íamos preparados para recollelo, quedamos en que para outra ocasión; sí o fariamos. Foi un fermoso paseo que todos disfrutamos moito. Darlle as grazas a profe Neli por acompañarnos. 
Sempre me gustaron as saídas ao entorno, disfrutar da natureza, pero cada vez estou máis convencida dos moitos beneficios que nos aportan, e de que os nenos/as non necesitan moito máis para xogar e,pasalo xenial e aprender en e con tódo-los sentidos.

domingo, 20 de noviembre de 2016

Trasvases II.

Outro exemplo de trasvases, desta vez requerindo moita máis precisión e control motórico, posto que había que trasvasar gotiñas de auga con goteiros e despois con xeringas. 
Se vos apetece probade na casa, só necesitades o goteiro e un anaquiño de alfombra de baño, das antideslizantes.


jueves, 17 de noviembre de 2016

Xogos de movemento e puntería.

Como xa expliquei en anteriores entradas, o movemento a calquera idade ,e especialmente na etapa educativa na que nos atopamos,é fundamental para o bo desenvenvolmento físico e mental. Ademáis, proporciona placer e  diversión e esa debe ser a finalidade última do xogo.
Por iso aínda que o mellor xogo é o espontáneo e non dirixido, na aula todos os días facemos distintos tipos de xogos. para que poidan facer novos descubrimentos e para que se divirtan, ademáis de traballar outros obxectivos.