A última entrada deste ano é a Felicitación Navideña.
Os nenos/as estiveron facendo un platiño de barro blanco utilizando a técnica da impresión, con selos e con tapetes de ganchillo. Unha vez preparados, propúxenlles que nese platiño tiñan que facerlle un agasallo aos seus papás, pero un agasallo que non custase diñeiro e saíron cousas marabillosas.
A idea é que teñades ese platiño na vosa casa e que cando vos apeteza deixedes un anaquiño de papel co nome ou debuxo do que queredes agasallar ese día e por suposto que fagades realidade ese agasallo para todos os que estades na casa (papá, mamá, nenos, avós, primos...) que vos parece?
Quero lembrarvos tamén as mensaxes das felicitacións dos cursos pasados, mirade como medraron os nosos maiores de cinco, que rápido pasa o tempo, e dende aquí un cariño e un abrazo moi especial para os compis que xa están en primaria e para as súas familias. Boas Festas para todos!!!
Mirade os videos cando teñades 15 minutiños de calma.
FELICITACIÓN 2015
FELICITACIÓN 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario