Xa chegou outro fin de curso, desta volta tócanos despedirnos de Samuel e Alba que rematan a etapa de Educación Infantil e de Éire que fará o último curso de Infantil noutro centro escolar. O meu pequeno agasallo para eles é a través dun video lembrarlle aos compañeiros e mestres que formaron parte do seu paso polo cole, dos diferentes momentos vividos, os cumpleanos, as visitas das familias, as excursións, os traballos do cole... e sobre todo para mostrarlles que os queremos e que sempre serán unha parte das nosas vidas.
Como Samuel e a sua familia non puideron estar, deime presa para subilo ao blog para que o poidan ver. Espero que lles guste. Unha aperta forte Sami!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario