viernes, 12 de febrero de 2016

Entroido 2016. Gatos, cans e leóns.

O venres festexamos o Entroido na aula de Amorín, cos compis de Taborda e Amorín. Estivemos facendo os disfraces que os nenos/as elexiran previamente con respecto ao tema traballado este curso. Elexiron ser gatos, cans e leóns. Pensamos que ía ser máis doado pero facer os complementos do disfraz levounos toda a mañá, polo que pedimos axuda a algunhas familias que nos viñeron a axudar para poder máis ou menos rematar. Darlle novamente as grazas.
Os nenos/as estiveron recortando por turnos e  xogando, co cal pasaron unha mañá de moito xogo e interacción entre eles, que ao fin é a cabo, é do que se trataba, de pasalo ben. 
Disfrutamos unha estupenda merenda aportada polas familias das tres aulas, moitas grazas. Aquí queda un resumo da xornada e do guapísimos que estaban os nosos gatos, cans e leóns.


2 comentarios:

  1. Si, a nosotros también se nos hizo corta la mañana pero el resultado... ¡Estáis guapísimos!

    ResponderEliminar