Como sabedes un dos conceptos a traballar na Educación Infantil son as figuras xeométricas, ou formas dos obxectos. Empezamos buscando ese tipo de forma nas situacións cotiás da nosa vida, nos obxectos da aula, no noso corpo... é dicir, partimos do real, para posteriormente representalo e pasalo a un plano abstracto.
Empezamos traballando o círculo e como consecuencia á esfera, buscando esas formas no noso corpo, na aula e nas cousas que coñecemos, así como diferentes atributos como tamaño, peso...
Para despois pasar a facer o trazo en distintas superficies e practicar habilidades motrices finas, como picado, recortado... e os maiores (4 e 5 anos) crearon unhas estupendas obras artísticas partindo duns círculos de cartón e pensando que poderían ser, actividade que fixeron o curso pasado os nenos/as de Forcadela e que me encantou, gracias profe Tere pola inspiración.
Que obras de arte!!!! Supercreativas!!!! Me lo apunto para trabajar con mis enanos!!!!! Me encantó!!!!
ResponderEliminar