viernes, 27 de mayo de 2016

Xogos motores. Pasámolo pipa

Unha parte moi importante do traballo na Educación Infantil é o movemento, o control do corpo, nestas idades o movemento  e a psicomotricidade serve tanto para que o neno mellore nas aprendizaxes como para que evolucione a súa personalidade, axuda ao neno a ser máis autónomo, equilibrado e feliz.
O Dr. Le Boulch, na "Educación por el movimiento" demostra como o dominio corporal é o primeiro elemento de dominio do comportamento. O neno a través das conductas motrices e perceptivas adquire as destrezas necesarias para conseguir aprendizaxes:

1. A través das conductas motrices
a. Organización do esquema corporal: percepción e control do corpo, relaxación, equilibrio, respiración, etc
b. Organización dinámica xeneral: saltos, marchas, etc
c. Coordinación viso-manual.

2. A través das conductas perceptivas motrices.
a. Organización espacial do esquema corporal e a súa orientación, representación e expresión gráfica.
b. Ritmo e actividade motriz.
c. Organización e estructuración do tempo.
d. A percepción polos sentidos: color e son.

Pois para axudar nestas adquisición e sobre todo para divertirnos facemos xogos na aula, que tamén podedes por en práctica na casa, aquí deixamos unha mostra.



Darlle as grazas a Anpa por mercarnos esas rás e outro material que utilizamos para xogar e aprender.

lunes, 23 de mayo de 2016

Que pode ser?

Esta vez traballamos o óvalo, os pequenos picando esta forma e decorándoa e os maiores transformándoa xenialmente.



















jueves, 19 de mayo de 2016

Mensaxe para Samuel

A finais de abril despedimos a Samuel que tivo que marchar para Italia, a súa outra casa, démoslles moitas apertas e desexamos voltar a velo pronto. Fixemos un pequeniño video para que sepa que nos lembramos del. Moitos bicos.