jueves, 18 de diciembre de 2014

1ª SESIÓN DE CREARTE.

Aquí vos deixo a primeira sesión de Crearte, na que compartimos xornada cos nenos e nenas de Seixo dous e Vilameán. Propuxeronse catro obradoiros: Vento, árbores de Nadal, Pokemon e estructuras ou construccións. Os nenos/as elexiron un. Á volta do patio, contos e  "Mr Hublot",que no 2014 gañou o premio Óscar  na categoría de mellor curtametraxe animada.




miércoles, 17 de diciembre de 2014

CREAMOS MANDALAS.

O círculo é unha figura que da moito xogo para todo tipo de creacións, nesta ocasión a partires de círculos de distintos tamaños e cores os nenos/as fixeron unha mandala elexindo soamente duas o tres cores. Cos círculos que nos sobraron fixeron en grupo unha mandala xigante. 

sábado, 13 de diciembre de 2014

MOMENTOS ESPECIAIS.

ÁS VECES OS NENOS E NENAS TRAEN OBXECTOS OU COUSAS ESPECIAIS PARA ELES Á AULA E QUE APROVEITAMOS PARA COÑECER,FALAR, APRENDER VOCABULARIO E ACHEGARNOS MÁIS ENTRE NÓS, AOS NOSOS SENTIMENTOS, VIVENCIAS, ETC. AQUÍ QUEDAN ALGÚNS EXEMPLOS.