AS NOSAS MAMÁS E PAPÁS CONTACONTOS.
Para celebrar o día do libro, no cole invitamos as familias que quixeran a contar o conto favorito dos seus fillos, en Carregal a acollida foi moi boa, moitas grazas a todas as familias que xa viñestes e as que quedan por vir por participar, aos nenos faille moita ilusión que as suas mamás, papás ou outros familiares veñan ao cole, e estén con eles e cos seus amigos compartindo ese momento tan especial que é a lectura dun conto.
Pouco a pouco iremos poñendo un resumo de todos os contos. Grazas novamente.