lunes, 20 de octubre de 2014

ASAMBLEA PROXECTO. PRENSA. QUE PASARÍA SE. EMOCIÓNS.

Imos a contarvos as primeiras experiencias deste curso coa asamblea proxecto: manexo da prensa, observación da mesma (tipos de letra, fotografías a color e en blanco e negro, números, a data, as noticias que nos pareceron interesantes, as nenas maiores fixeron un mural co que fixemos ata o de agora) As nosas respostas aos que pasaría se que nos plantexantes, son respostas libres sen intervención dos adultos, e como emoción empezamos coa alegría,  como expresamos a alegría e que cousas nos poñen alegres.












jueves, 16 de octubre de 2014

BIZCOITO DE IOGUR E NOCES.

O VENRES DA SEMANA PASADA FIXEMOS A NOSA SEGUNDA RECEITA ESTE CURSO GRAZAS A CAROLINA, A NAI DE ALBA, UN BIZCOITO DE IOGUR E NOCES, PASÁMOLO MOI BEN, PRIMEIRO COS SUPERGORROS DE COCIÑEIROS QUE NOS PREPAROU CAROLINA E DESPOIS POÑÉNDONOS MANS Á OBRA. 

domingo, 12 de octubre de 2014

SEMENTANDO NO FUTURO, NATUREZA, OUTONO, VISITA ESPECIAL, TARTA DE MAZÁ.

O proxecto deste curso chámase sementando no futuro, un dos seus obxectivos é coñecer o noso entorno, a natureza e aprender a respetala.
Deixamos algunhas das actividades que fixemos relacionadas coa natureza e o outono. Tamén a visita de Daniela Martínez, que celebrou o seu cumple connosco, e a supertarta de mazá que fixemos grazas a axuda de Ángeles, a avoa de Daniela Otero. Darlle as grazas pola sua colaboración e simpatía, ademais de ensinarnos tanto.
Na vinderia entrada mostraremos a nosa segunda incursión na cociña... Ahh, xa veredes.