LUCAS XA CUMPLIU 5 ANOS, XA É DOS MAIORES TAMÉN EN NÚMERO, CELEBRÁMOLO NO COLE CUNHA RIQUÍSIMA TARTA E COA COMPAÑA DA SUA MAMÁ,PILAR. MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!
lunes, 2 de diciembre de 2013
jueves, 28 de noviembre de 2013
XOGOS NO PATIO.
Hai días en que no momento do recreo ou patio, algúns nenos pelexan, outros non queren xogar ou non se integran nos xogos dos demais... sen embargo outros días transcorren con tranquilidade e todos os nenos xogan , se divirten e temos a posibilidade de pararnos a contemplar as moitas posibilidades de aprendizaxe que lles ofrece o xogo libre, sen intervención adulta, aos nosos nenos/as... por iso quero compartir con vos un deses días... neste pequeno video podemos observar cousas coma respectar as quendas, habilidades motoras, saltos, equilibrios, socialización, xogo grupal, conciencia dos perigos, colaboración...
miércoles, 20 de noviembre de 2013
EXCURSIÓN DINOSAURIOS.
O PASADO MÉRCORES FOMOS AO IFEVI, A VISITAR UNHA INTERESANTE EXPOSICIÓN DE DINOSAURIOS, GUSTOUNOS MOITO, AÍNDA QUE AO PRINCIPIO ALGÚNS NENOS TIÑAN UN POUQUIÑO DE MEDO, XA VEREDES POR QUE NO VIDEO, ERAN MOI GRANDES E CUNS SONS MOI REAIS; APRENDEMOS MOITO GRAZAS A NOSA GUÍA, LETI, QUE LLES MOSTROU AOS NENOS COMO EVOLUCIONARON ESTAS CRIATURAS, AS PRINCIPAIS DIFERENZAS ENTRE OS HERVÍBOROS E OS CARNÍVOROS E OS SEUS MODOS DE PROTEXERSE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)