Este curso o proxecto Voz Natura estaba adicado entre outras cousas ao patrimonio, e preguntando preguntando ,en Carregal descubrimos unha fermosa historia.
En Carregal festexáse a festa do Pampullo ou do traballo e os veciños da zona decidiron facer un relevo dunha campesina para representalo, pero nos anos da guerra civil, bombardeárono e logo un alcalde da época mandou enterrar os anacos.
Sesenta e un anos despois, a comisión de festas do momento, integrada entre outros por Victor Rolán, o avó de Leyre, sabendo da historia decidiron buscar a figura, e resumindo moito , atopárona e mandárona reconstruir, atopándose no momento actual no bar da festa de Carregal.
Tamén fixeron unha réplica en pedra sita no campo da festa.
O avó de Leyre viu a finais do segundo trimestre a contarnos esta historia, xusto o 8 de marzo, día da muller, moi oportuno porque este monumento é unha muller campesina, unha homenaxe as mulleres daquela época.
E fai duas semanas, puidemos completar o traballo visitando os momunentos.
Por último fixemos o noso cartel.
Que fermosa actividade!!!
ResponderEliminarGrazas Cris!!!
Eliminar