A semana anterior ao día da Paz (31 de xaneiro), estivemos falando do significado da palabra Paz, como podemos facer Paz entre nós: falando, respetándonos, axudándonos, compartindo, sendo amables... e tamén reflexionamos un pouquiño sobre outras realidades ben diferentes ás nosas, os países en guerra, os refuxiados, o dereito de todo ser humano a ter unha vivenda e un lugar seguro onde vivir... para isto, estivemos mirando o vídeo coa canción de Missy Higgins- Oh Canada, onde reflexa esta triste realidade, no video inclúense debuxos de nenos e nenas de países en guerra, de cómo viven esa realidade, e tamén debuxos dos seus desexos... Aquí volo deixo para que o miredes.
Fixemos unha mandala colaborativa, intentando estar en silencio e desexando un mundo en Paz, sen violencia. Xa o día 31 cos compañeiros de Amorín, tivemos unha mañá moi intensa, na que xogamos, cociñamos, festexamos o cumple da profe Sara, pintamos mandalas, voltamos a mirar o video da canción "Oh Canada" e a falar un pouquiño do que acontecía nel e por último fixemos unha mandala colaborativa desexando un mundo en Paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario