martes, 15 de marzo de 2016

Arte en tres dimensións. Visitamos ao escultor Luis Álvarez.

O xoves 3 de marzo, tivemos unha xornada de convivencia coas escolas de Figueiró e Estás, para visitar ao escultor Luis Álvarez, pai de África, (da escola de Figueiró) e tío de André. Fomos en dúas quendas a súa casa,xa que eramos moitos, onde ten unha morea de esculturas, e por tanto unha morea de horas invertidas, de traballo, paixón e ilusión; nolas ensinou e explicou moi amablamente, contándonos o que quixo expresar e representar el, pero deixando claro, que cada persona pode mirar cousas distintas, o importante é que nos digan algo.
O obxectivo é achegar aos nenos a unha forma de arte distinta e quizáis menos coñecida, que é a escultura e de darlles a mensaxe de que se algo che gusta debes loitar por acadalo, porque sobre todo, che vai facer feliz. Luis nos comentaba que cando se pon a esculpir as horas parécenlle minutos, porque está facendo algo que lle gusta.
Darlle as grazas a Luis por recibirnos e tratarnos tan ben e a profe Leti por convidarnos e por facer a montaxe deste movie, (gracias, porque se nos acumulan as cousas que vos queremos ensinar, para achegarvos ao que imos facendo no día a día da aula) tamén a profe María e a todos os que nos acompañaron nesta xornada.
Luis fai reproduccións de mans ou pés, por si queredes ter un recordo de como era a man ou pé do voso neno/a con estas idades...por si vos interesa. 


3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Como noutras ocasións moi agradecido por ensinar unha parte de min, os comentarios dos nenos son moi sinceros e gratificantes, espero que despertase a vena artística nalgún deles. Todos levamos un artista dentro, todos levamos un neno dentro.

    ResponderEliminar
  3. Como noutras ocasións moi agradecido por ensinar unha parte de min, os comentarios dos nenos son moi sinceros e gratificantes, espero que despertase a vena artística nalgún deles. Todos levamos un artista dentro, todos levamos un neno dentro.

    ResponderEliminar