miércoles, 25 de noviembre de 2015

Magosto 2015

Primeira festa de todo o Cra xunto, tardamos, pero mereceu a pena. Pasámolo en grande, darlle as grazas ao equipo de extraescolares pola organización, aos mestres especialistas e de apoio que dirixiron os xogos e por suposto á Anpa, por asar as castañas e invitarnos a merendar, estaban boísimas.
Comezamos con baile e cancións conxuntas de todo o Cra, despois rotamos polos diferentes xogos compartindo a xornada cos nenos/as do cole de Aurora, merendamos e despois xogo libre, paracaídas e maquillaxe.

3 comentarios: