No taller de arte dos venres, coñecemos un pouquiño máis as nosas facianas, exploramos que partes temos na nosa cara e para que serven, coñecemos os seus nomes tamén en inglés e o profe Kike ensinounos uns retratos de distintas épocas para que nos fixaramos en como estaban pintados e que dixeramos como criamos que se sentían.
Logo debuxamos os nosos autorretratos, noutra sesión fixemos o fondo con acuarelas e para rematar repasamos os contornos de negro.
Chulísimos!!!!! Sois unos artistas..... Seguid así!!!!!..... Ah!!!!! Me encanta la canción!!!!!!! Un biko!!!!!
ResponderEliminar