viernes, 12 de julio de 2019
Saídas 3º Trimestre. Excursión fin de curso a Baiona.
Excursión a Baiona. Empezamos con abrigo e acabamos bañándonos na praia. Un día moi bonito no que visitamos a carabela, xogamos no parque e divertímonos na praia.
jueves, 11 de julio de 2019
Saídas 3º Trimestre. Cabalos.
Outra das saídas que fixemos durante o terceiro trimestre foi ao criadeiro de cabalos R.B. de Carregal, xunto cos compañeiros de Amorín e Taborda. Acompañounos María a mamá de Andi o seu avó Lucho e o profe Noé.
Darlle as grazas a María e a Lucho, por facer posible esta visita. Foi moi bonita. E ao dono do lugar por permitir que foramos.
E moitas grazas a Rafa, traballador do lugar, que foi super amable con nós e nos ensinou todas as instalacións, as éguas coas suas crías, os cabalos e éguas dun ano, os adultos... Incrible a docilidade dos animais, acercábanse, deixábanse acariñar.
lunes, 8 de julio de 2019
Saídas 3º Trimestre. Estás na auga.
Saída a fermosa paraxe "Estás na auga" dentro do programa "Voz Natura" para facer unha reforestación, ver o nacemento da auga e disfrutar dunha xornada na natureza. Motias grazas aos membros da directiva da traída de auga de Estás que nos acompañaron e axudaron.
Membros da traída de auga de Estás nos falan da rabilonga e nos ensinan unha fonte.
Reforestación.
Etiquetas:
Educa-nature. Reforestación. Estás na auga
Suscribirse a:
Entradas (Atom)